Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo, suxeito a regulación harmonizada, de servizo para a asistencia técnica á dirección de explotación de estacións depuradoras de augas residuais na Comunidade Autónoma de Galicia 2017.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.388.384.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal, portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: asistencia técnica á dirección de explotación de estacións depuradoras de augas residuais na Comunidade Autónoma de Galicia 2017.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71356200-0.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial da Unión Europea núm. S74, do 14 de abril de 2017; Diario Oficial de Galicia núm. 76, do 20 de abril de 2017, e Boletín Oficial del Estado núm. 98, do 25 de abril de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 5.567.020,24 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas, así como os das modificacións contractuais previstas á alza de carácter técnico.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 2.154.449,40 euros. Importe total: 2.606.883,77 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17 de agosto de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 12 de setembro de 2017.

c) Contratista: Idom Consulting, Engineering, Architecture, S.A.U.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 1.830.550,49 euros. Importe total: 2.214.966,09 euros.

e) Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia