Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 18 de setembro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa e da batea Ero II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Ero II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 5.9.2017, Manuel Ozores Fajardo solicita autorización para transmisión mortis causa mediante pacto de mellora do 50 % da concesión administrativa e da batea Ero II.

Segundo. O solicitante achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Lidia Ozores Viturro (76779061R), do 50 %, da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ero II.

Localización:

Cuadrícula nº: 43. Polígono: C. Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.6.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Manuel Ozores Fajardo e María Albina Viturro Alonso (76451246M, 33210168P), 100 % ganancial.

Novas titulares: María Albina Viturro Alonso (33210168P), 50 % privativo, e Lidia Ozores Viturro (76779061-R), 50 % privativo.

As novas titulares da concesión administrativa quedan subrogadas nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Así mesmo, debido a que, e de acordo coa Resolución da Consellería do Mar, do 15 de decembro de 2010, ten concedida unha axuda (expediente SXPA: PE205B/2010/000022-0), a nova titular do ben subvencionado subrógase en todas as obrigas contraídas polo transmitente da axuda concedida para equipamento (barco auxiliar Benfeito) e non efectuará ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006.

Deberá manter os investimentos obxecto da axuda durante un período de cinco anos nos termos previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006 e no artigo 24 da Orde do 22 de xaneiro de 2010 reguladora da axuda.

Dentro dos tres meses seguinte á data da transmisión, remitirá á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica unha copia do documento público de transmisión no cal se recollan as obrigas en que se subroga desde o momento da publicación no Diario Oficial de Galicia da orde de autorización de transmisión mortis causa desta batea.

O incumprimento destas obrigas será causa do reintegro total da axuda recibida.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 18 de setembro de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña