Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de setembro de 2017 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente PON/152/2013).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 19 de maio de 2017, unha resolución pola que se lle impón unha terceira multa coercitiva (PON/152/2013-C1) derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/152/2013 a Juan José Hermida Sanmartín como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 3 de novembro de 2014 que ordenaba a demolición das obras de edificación para usos residenciais composta de planta baixa duns 159 m2 e planta alta duns 184 m2, con estrutura de formigón armado e de cerramento de pedra gris, sen cuberta, promovidas polo interesado, nas parcelas 112 e 113 do polígono 37, con referencia catastral 54035A037001120000HX e 54035A037001130000HI, na travesía de Vigo, nº 112, 8º B, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

Ao non poderlle realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña producido a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva e que será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse contra a resolución de que este acordo é un mero acto de execución.

Caso non exerza o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística