Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47619

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (632/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 632/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia López Martínez contra Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L.U., José Antonio Iglesias Garaboa, José Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B. (Peluquería Diseño), Diseño As Cancelas, S.L., a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Diseño Pontevedra, S.L., Team Salom, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L. e o Servizo Público de Emprego, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Acordo:

– Admitir a demanda presentada.

– Citar as partes para que comparezan o día 27 de decembro de 2017, ás 9.30 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio da rúa Berlín para a celebración do acto de xuízo ante a maxistrada.

– Advírtese ás partes que, en caso de non compareceren nin alegaren xusta causa que motive a suspensión do acto de xuízo, o xuíz poderá ter o demandante por desistido da demanda e, se se trata do demandado, non impedirá a celebración do acto de xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS:

Tense por presentada a documentación que acompaña a demanda, únase aos autos da súa razón, sen prexuízo de que deba propoñela a parte no acto de xuízo como medio de proba de que intentará valerse.

Tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

Se é o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, se é o caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS.

En canto á documental solicitada, paso a dar conta á súa señoría para os efectos oportunos.

– Antes da notificación desta resolución ás partes, paso a dar conta á súa señoría da sinalización efectuada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñera ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L.U., Diseño As Cancelas, S.L., Team Salom, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L. e Diseño Pontevedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da ficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza