Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de outubro de 2017 polo que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado da reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010/75/UE, sobre emisións industriais, de clave AC/16/248.01.

Con data do 2 de outubro de 2017, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 6 de abril de 2017 asínase o convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, a Consellería de Facenda e Endesa Generación, S.A., de reodenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010/75/UE, onde Endesa Generación, S.A. se compromete a asumir o custo das obras e a Axencia Galega de Infraestruturas e a Consellería de Facenda a impulsar a actuación.

Segundo. En desenvolvemento do convenio asinando, mediante a Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 5 de xuño de 2017 aprobouse provisionalnente o proxecto de trazado da reordeanción do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez, para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010/75/UE, sobre emisións industriais, de clave AC/16/248.01.

Terceiro. Con data do 13 de xuño de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 111) o Anuncio do 6 de xuño de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado da reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez, para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010/75/UE, sobre emisións industriais, de clave AC/16/248.01, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Cuarto. Mediante a Resolución do 14 de setembro de 2017 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formula o informe de impacto ambiental, en cumprimento do artigo 47 da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, e determina que o proxecto non é previsible que xere efectos significativos sobre o ambiente e, por tanto, non se considera necesario sometelo a avaliación de impacto ambiental ordinaria.

Quinto. O 29 de setembro de 2017 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emite informe onde non se formulan obxeccións ao proxecto de trazado e entende que as modificacións propostas teñen cabida na lexislación urbanística vixente, segundo a Lei 2/2016, do solo de Galicia, e o Decreto 143/2016 polo que se aproba o seu regulamento.

Sexto. Durante todo o trámite de información pública presentáronse certificados, informes e alegacións, e procedeuse á súa valoración.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de trazado someteuse ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

De acordo con todo o exposto, e tras os certificados, informes e alegacións recibidas,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado da reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez, para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010/75/UE, sobre emisións industriais, de clave AC/16/248.01, mantendo o trazado proposto como definitivo, tendo en conta en fases posteriores do proxecto as seguintes consideracións:

– Deberán terse en conta os informes complementarios solicitados na Resolución do 14 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, pola que se formula o informe ambiental; en particular, será necesario realizar unha nova modelización hidráulica do río Eume que valore de forma conxunta a afección da ampliación da central térmica e a nova vía, e así mesmo, deberá completarse a valoración da afección ao patrimonio natural.

– Será verificada a titularidade dos predios afectados, de acordo coa documentación achegada.

Segundo. Consonte establecen o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e o artigo 59 do seu regulamento, as determinacións contidas neste proxecto, unha vez aprobado definitivamente, terán forza vinculante para as administracións públicas e para os particulares e prevalecerán sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente. O Concello das Pontes de García Rodríguez deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao seu contido na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas