Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación, non suxeita a regulación harmonizada, do servizo relativo ao deseño, promoción e realización do 11º Outono Gastronómico en Turismo Rural, polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 8 de xuño de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento de todas as tarefas derivadas da organización, promoción, comunicación e difusión do 11º Outono Gastronómico nas casas de turismo rural de Galicia.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 82.644,63 €.

IVE (21 %): 17.355,37 €.

Importe total IVE incluído: 100.000,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 2 de agosto de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 8 de agosto de 2017.

c) Adxudicataria: Empatía Comunicación, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 70.325,48 €.

IVE (21 %): 14.768,35 €.

Importe total IVE incluído: 85.093,83 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia