Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47623

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (117/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 117/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alan Lozano Simal contra Calvi Proyectos, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a Sentenza do 12 de setembro de 2017 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 401/2017.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 117/2016, en que son parte, como demandante, Alan Lozano Simal, asistido pola graduada social Sra. Urraca Fernández, e, como demandados, Calvi Proyectos, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, como tampouco o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte

….

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Alan Lozano Samil contra Calvi Proyectos, S.L. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 6.340,99 euros. Á cantidade de 5.964,79 euros é de aplicación o xuro por mora do 10 %, sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou que non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena. Poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentas de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Calvi Proyectos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza