Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47625

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (482/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 482/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana García Arnoso contra Arturo Blanco Santos e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza do 9 de maio de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 276/2017

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 482/2015, en que foron parte, como demandante/s, Ana García Arnoso, asistida pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez e, como demandado/s, Arturo Blanco Santos, que non comparece malia a súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

...

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Ana García Arnoso fronte a Arturo Blanco Santos e, en consecuencia, condénase o demandado a aboar á demandante a cantidade de 5.673,78 euros, incrementada no 10 % de xuro por mora, sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, a parte que non sexa traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio da xustiza gratuíta, acredite ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, en que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Arturo Blanco Santos, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza