Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47627

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (229/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada o día 8 de setembro de 2017 no proceso seguido por instancia de Miguel de los Ángeles Canedo González contra Iniciativas para la Construcción Santiago e Acciona Infraestructuras, S.A., rexistrado co número PO 229/2016 acordouse notificar parte dispositiva do autos do 8 de setembro de 2017 ditado no procedemento a Iniciativas para la Construcción Santiago, en ignorado paradoiro:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Sandra Mª Iglesias Barral.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017.

Parte dispositiva.

Apróbase a transacción alcanzada entre a parte demandante Miguel de los Ángeles Canedo González e a demandada Acciona Infraestructuras, S.A., en cuxa virtude a empresa se compromete ao pagamento o traballador da cantidade de 2.548,29 euros comprensiva dos salarios que recoñece deber de decembro 2015 e do 1 ao 25 de xaneiro 2016, cantidade pagadoira no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, sen necesidade de especial requirimento.

Notifíquese esta resolución ás partes, a cal ten forza executiva parcial.

Contra este auto cabe interpoñer ante este xulgado recurso de reposición no prazo de tres días.

Así o acorda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Iniciativas para la Construcción Santiago expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza