Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (132/2016).

Eu, José Luis Gutiérrez Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento ordinario 132/2016, seguido por instancia de Julio Campos Santos contra Emilio Nava Peláez e Benito Montes Areal, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Pontevedra, 28 de febreiro de 2017.

Vistos por Manuel Marquina Álvarez, maxistrado titular do Xulgado do Mercantil número 1 dos desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario número 132/2016, seguidos por iniciativa de Julio Campos Santos, representado pola procuradora Sra. Angulo Gascón e asistido polo letrado Sr. González Cuenca, contra Benito Montes Areal, representado polo procurador Sr. Fernández Sampedro e asistido polo letrado Sr. R. Varela, e Emilio Nava Peláez, rebelde».

«Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Julio Campos Santos contra Emilio Nava Peláez e Benito Montes Areal, e condénanse os dous demandados a lle aboaren, de maneira solidaria, ao demandante a cantidade de 21.569,94 euros máis o xuro legal que se computará desde o día 20 de xuño de 2016. Sen expreso pronunciamento sobre o pagamento das custas procesuais.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte (20) días, por escrito e expresando os motivos polos cales se interpón recurso, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra. De acordo coa disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, as partes, para poderen presentar o recurso, terán que consignar a cantidade de 50 euros na conta deste xulgado aberta no Banco Santander. Están exentos desta obriga os titulares do dereito á xustiza gratuíta».

Ao estar o dito demandado, Emilio Nava Peláez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 3 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza