Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47227

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2017 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o acceso á escala administrativa desta universidade, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna.

Mediante Resolución reitoral do 5 de maio de 2017 (DOG do 18 de maio) convocáronse probas selectivas para cubrir 27 prazas na escala administrativa da USC, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna.

Mediante Resolución reitoral do 6 de setembro de 2017 (DOG do 19 de setembro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) da fase de oposición, o día 23 de novembro de 2017, ás 11.00 horas, na Sala de Xuntas da Casa da Balconada (Rúa Nova, nº 6, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuada polo tribunal, nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da Universidade e na páxina web https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela