Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47232

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (837/2016).

Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento verbal seguido por instancia de Rosa Blanco Sobrinio e Manuel Domínguez Montes fronte a Sherropiel, S.L. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo verbal seguidos ante este xulgado baixo o número 837 do ano 2016, por instancia da procuradora Sr. Marquina Fernández en nome e representación de Rosa Blanco Sobrinio e de Manuel Domínguez Montes asistida da letrada Sr. Carballo Iglesias, e como demandado Sherropiel, S.L., en situación de rebeldía procesual, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Resolvo estimar a demanda interposta polo procurador Sr. Marquina Fernández, en nome e representación de Rosa Blanco Sobrino e de Manuel Domínguez Montes, e asistidos do letrado Sr. Carballo Iglesias, e condenar a demandada a aboar aos demandantes a cantidade de 5.330,64 euros máis os xuros segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine e as custas.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

E encontrándose o devandito demandado, Sherropiel, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este, con indicación de que non é firme e contra ela cabe recurso de apelación.

Ourense, 22 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza