Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47233

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (686/2015).

Cédula de notificación

No presente procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Neste órgano xudicial tramítase o procedemento de xuízo verbal de desafiuzamento número 686/15, seguido por instancia de Promociones Marco de Arousa, S.L., con CIF B36374296, con domicilio na Veiga, nº 42, Cornazo, Vilagarcía de Arousa, representado polo procurador José Luis Gómez Feijoo, contra María Soraya García Serna, con DNI 45621319Z, con domicilio descoñecido, sobre reclamación de cantidade, nos cales, mediante Resolución do 3 de xullo de 2017, se acordou notificar a Sentenza do 2 de maio de 2017 cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador Sr. Gómez Feijoo, en nome e representación de Promociones Marco de Arousa, S.L. contra María Soraya García Serna, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 3.600 euros, cos xuros indicados no fundamento de dereito terceiro.

Impóñense as custas á demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, por medio dun escrito que deberán presentar ante este xulgado, nun prazo de 20 días desde a notificación. Para a interposición do recurso será necesario constituír un depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, de conformidade co que establece a disposición adicional décimo quinta da LOPX, que será requisito para a súa admisión.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza deste xulgado e do seu partido xudicial. E como consecuencia do ignorado paradoiro de María Soraya García Serna expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 7 de abril de 2017

O letrado da Administración de xustiza