Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento nos sistemas de información dos ámbitos de ambiente, territorio, transportes e infraestruturas (expediente 2017/PA/0031).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento dos sistemas de información dos ámbitos de ambiente, territorio, transportes e infraestruturas.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 25.4.2017.

DOUE: 21.4.2017.

BOE: 4.5.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.826.652,90 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 608.884,30 € máis 127.865,70 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 736.750,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31.7.2017.

b) Data de formalización do contrato: 5.9.2017.

c) Contratista: Coremain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 625.933,10 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia