Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de soporte e mantemento do sistema de información do ámbito das políticas activas de emprego e de relacións laborais na plataforma SXPA e Wand@ (expediente 2017/PA/0026).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: soporte e mantemento dos sistemas de información que xestionan as políticas activas de emprego na plataforma SXPA e dos sistemas de relacións laborais de apertura de centros de traballo e eleccións sindicais despregadas en Wand@

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 28.4.2017.

DOUE: 9.5.2017.

BOE: 26.4.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.041.322,32 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 347.107,44 € máis 72.892,56 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 420.000,00 € (catrocentos vinte mil euros).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 19.7.2017.

b) Data de formalización do contrato: 5.9.2017.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe unitario 330.390,00 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia