Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2017 pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, de tramitación ordinaria e documentalmente simplificado, do servizo de desenvolvemento dun sistema de xestión e tramitación electrónica integral de procedementos transversais de atención á cidadanía, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0078).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0078.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o deseño, desenvolvemento e posta en marcha do Sistema de información de soporte aos trámites de queixas, suxestións, reclamacións ou peticións de información. Inclúese nesta actividade: o deseño conceptual e tecnolóxico do sistema; a construción do sistema; integración cos compoñentes transversais corporativos de administración electrónica; participación na instalación nas contornas tecnolóxicas corporativas da Xunta de Galicia; a implantación e posta en marcha efectiva; adecuación e mellora do sistema durante o período de postimplantación.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 14 meses a partir do 1.11.2017. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 14 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: tramitación ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: procedemento aberto.

4. Valor estimado: 208.386,67 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 208.386,67 €, máis 43.761,20 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 252.147,87 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

2017: 31.258,00 € + IVE (6.564,18 €) = 37.822,18 €.

2018: 177.128,67 € + IVE (37.197,02 €) = 214.325,69 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=208761.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase o apartado N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose festivo ou inhabil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no apartado 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no apartado K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia