Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47141

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 20 de setembro de 2017, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de contratación das obras de urbanización do PERI IV-01 San Roque A, barrio de Ribadavia (expediente 9895/407).

1. Entidade adxudicadora: Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, Servizos Centrais. Nº de expediente 9.895/407.

2. Obxecto do contrato: obras de urbanización do PERI IV-01 San Roque A (barrio de Ribadavia). Lugar de execución: Vigo. Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación e procedemento.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 327.729,69 € (IVE 21 %, incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 03 46. Correo electrónico: urb.scentrais@vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Acreditación da solvencia económico-financeira. Por un dos seguintes medios:

– Declaración do volume anual de negocio no ámbito de actividades correspondentes ao obxecto do contrato expresada en anualidades e referida, como máximo, aos tres últimos exercicios. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que, no conxunto dos tres exercicios, teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

– Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría 2.

b) Acreditación da solvencia técnica. Por un dos seguintes medios:

– Unha relación das principais obras ou traballos realizados nos últimos dez anos, que inclúa importe, datas e destinatario, público ou privado, destes, por importe igual ou superior ao prezo do contrato.

– Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría 2.

8. Presentación de ofertas: o prazo remata aos 26 días naturais seguintes ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG (26 días respecto ao último publicado). Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 7 das follas específicas da contratación (FEC) do propio prego. Lugar de presentación: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo (praza do Rei, s/n, ata as 13.30 horas do último día de prazo ou nas formas previstas na cláusula 12ª).

9. Apertura das ofertas técnica e económica (entidade, domicilio e localidade): véxase o punto 6 do anuncio (a data e hora anunciarase no perfil do contratante).

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 20 de setembro 2017

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo