Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47143

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO para a selección por procedemento aberto dunha mutua colaboradora da Seguridade Social.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Recursos Humanos e Formación. Número de expediente: 29.766-220.

2. Obxecto do convenio: a xestión da cobertura das prestacións obrigatorias derivadas das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, así como a xestión da prestación económica por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns do persoal do Concello de Vigo e da Xerencia Municipal de Urbanismo, mediante a concertación dun convenio de colaboración.

Prazo de execución: un ano. Prórroga: 6 prórrogas, dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Réxime económico: o convenio non xera gastos para a Administración, por canto que a Tesouraría Xeral da Seguridade Social recada para a Mutua as primas que o Concello ingresa nela, en concepto de cotización por continxencias derivadas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si, de 30.000 euros. c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financiera: non se exixe. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: relación dos principais colectivos cubertos nos tres últimos anos que inclúa datas de subscrición do contrato ou convenio de colaboración, vixencia e prorrogas, se é o caso, e número de traballadores cubertos por eles.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

10. Outras informacións: –

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 25 de setembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación