Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47138

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ramirás

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da adquisición dun vehículo tractor e dúas máquinas de roza novas.

De conformidade co acordo do Pleno do 28 de setembro de 2017, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de subministración da adquisición dun vehículo tractor novo e dúas máquinas de roza novas, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Ramirás.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Concello de Ramirás; domicilio: O Picouto, s/n.

2º. Localidade e código postal: Ramirás 32810.

3º. Teléfono e fax: 988 49 15 23 e 988 47 86 04.

4º. Correo electrónico: concello.ramiras@eidolocal.es

5º. Enderezo do perfil do contratante. www.depourense.es

6º. Data límite de obtención de documentación e información: os primeiros catro días do prazo de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: un vehículo tractor novo e dúas máquinas de roza novas.

c) Lugar de entrega: Concello de Ramirás, O Picouto, s/n, 32810 Ramirás.

d) Prazo de entrega: data límite o 4.12.2017.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 167000000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación.

1º. Prezo ofertado pola subministración dun vehículo tipo tractor e máquinas de roza, unha de brazo e unha de arrastre, terá unha puntuación de 0 a 20 puntos, concedendo, en todo caso, 0 puntos aos licitadores que igualen o tipo de licitación e, en canto aos demais, 20 puntos ao licitador que oferte o menor prezo e aos restantes a puntuación que corresponda segundo a seguinte regra:

Puntuación licitador” A” = oferta máis económica × 20 puntos

                                                       oferta licitador” A”

2. Distancia ao taller autorizado para reparación de tractor e implementos, terá unha puntuación de 0 a 20 puntos, concedendo á distancia:

– Inferior a 25 km: 20 puntos.

– Entre 25 e 50 km: 12 puntos.

– Entre 50 km a 100 km: 3 puntos.

– Maior de 100 km: 0 puntos.

A distancia xustificarase graficamente mediante a ruta máis curta reflectida en Google Maps, considerando como punto de inicio as coordenadas 42.185413, -8.025329 (concello de Ramirás).

Só se puntuarán as ofertas dos licitadores que acheguen a acreditación como servizo técnico oficial do fabricante da totalidade das máquinas ofertadas (tractor e implementos).

3. Prazo de garantía ofertado para o tractor, de 0 a 10 puntos, a razón de 2,50 puntos por cada ano de incremento respecto do prazo mínimo (1 ano), sen consideración de fraccións e elementos da subministración.

4. Prazo de garantía ofertado para os implementos, de 0 a 10 puntos, a razón de 2,50 puntos por cada ano de incremento respecto do prazo mínimo (1 ano), sen consideración de fraccións e elementos da subministración.

4. Valor base de licitación do contrato: 90.000,00 euros.

a) Importe neto: 90.000,00 euros. Importe total: 108.900,00 euros.

5. Garantías exixidas: definitiva: 5 %.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: oito días naturais desde a última publicación no DOG ou no BOP.

b) Lugar de presentación: Concello de Ramirás.

7. Apertura de ofertas: no Concello de Ramirás nos cinco días hábiles seguintes á finalización do prazo de presentación de propostas.

8. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

Ramirás, 28 de setembro de 2017

Juan Carlos Rodríguez Matías
Alcalde