Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46923

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (225/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 225/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paulo Jorge Rocha de Almeida contra Fergari, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Fremap, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Paulo Jorge da Rocha Almeida contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeneral da Seguridade Social, Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridade Social número 61, Fergari, S.A., Gerardo Sánchez Brunete como administrador concursal de Fergari, S.A., efectuou os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a Fergari, S.A. a aboarlle ao demandante a cantidade de 1.683,36 euros en concepto de prestación de IT dos meses de decembro de 2012 e xaneiro de 2013, e condeno a Gerardo Sánchez Brunete, na súa soa condición de administrador concursal de Fergari, S.A., a estar e pasar pola dita condena.

2. Apreciando a excepción de caducidade, debo absolver e absolvo a Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridade Social número 61, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social das peticións deducidas na súa contra.

3. Debo absolver e absolvo o Fogasa das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fergari, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza