Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46909

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2017 pola que se nomean funcionarios/as de carreira das escalas de facultativos e axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, polo sistema de promoción interna.

Unha vez vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, polo sistema de promoción interna, na escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, e na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña, convocadas mediante a Resolución do 31 de agosto de 2016 (DOG do 23 de setembro),

Verificada a concorrencia nos/nas aspirantes aprobados/as dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria,

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro; esta reitoría, no uso das atribucións conferidas no artigo 36 dos referidos estatutos desta universidade,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios/as de carreira, da escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña e da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña, os/as aspirantes aprobados/as polo sistema de promoción interna que se relacionan no anexo.

Segundo. Para adquiriren a condición de funcionario/a de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpor un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 25 de setembro de 2017

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos
da Universidade da Coruña

Nº orde

DNI

1º apelido

2º apelido

Nome

Puntuación total

1

32643005W

Fernández

López

José Felipe

88,296

2

35299677J

Lores

Torres

Xaquín

88,1493

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos
da Universidade da Coruña

Nº orde

DNI

1º apelido

2º apelido

Nome

Puntuación total

1

32645352A

Ferreira

Piñeiro

Josefa

73,51

2

32802230K

Presedo

Vázquez

Mª Isabel

72,5498

3

32776273P

Prado

Alvaredo

Carmen Y.

68,04

4

32792531M

Amigo

Suárez

Mónica

67,7598

5

52435658M

Suárez

Blanco

Carmen

67,0433

6

32664247S

Manso

Fernández

Mª Gracia

66,4828

7

49669998A

Luchian

Luchian

Adriana E.

66,2166

8

53083030L

Fernández

Martínez

Mª Belén

64,9228

9

32799556S

Yáñez

Arca

Marcos

64,8412

10

13302696W

Hoyos

Silva

Nuria

64,1394

11

33852882X

Folgar

Díaz

José Manuel

63,2095

12

32809481G

García

Arias

Eva María

62,5426

13

32648951Z

Medín

Díaz

Mª Hermitas

61,4526

14

32652532F

Fernández

López

Buenaventura

61,2996

15

35460396P

Rey

Santiago

Mª Mónica

57,433

16

44461241X

Rodríguez

Xusto

Xerardo

57,4328