Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46912

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3065/2015 IS).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3065/2015 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e Alfredo Acuña Gándara contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Marcelino Martínez, S.L., Canteras Roygan, S.L., Salpérez, S.L., sobre recarga de accidente, ditou a Sala do Social do Tribunal Supremo en data 14 de xuño de 2017 a seguinte resolución:

«A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Marcos Castro Álvarez, en nome e representación de Marcelino Álvarez, S.L., contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 28 de xullo de 2016, no recurso de suplicación número 3065/2015, interposto por Alfredo Acuña Gándara e polo INSS, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo de data 13 de febreiro de 2015, no procedemento número 669/2014, seguido por instancia de Alfredo Acuña Gándara contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Canteras Roygan, S.L., Salpérez, S.L. e José Rodríguez Pereira e a empresa Marcelino Martínez, S.L., sobre recarga por falta de medidas de seguridade. Declárase a firmeza da sentenza contra a que se recorre, con imposición de custas á parte recorrente e con perda do depósito constituído, e dáselle, se é o caso, á consignación efectuada o destino que corresponda.

Contra este auto non cabe recurso ningún. Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación. Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Canteras Roygan, S.L. e Salpérez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia. Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza