Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 34/2017.

De conformidade co establecido nos artigos 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á empresa que a seguir se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social (materia relacións laborais), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O interesado, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, se procederá á execución pola vía de prema, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 20 de setembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 34/2017.

Empresa: Mª Luísa Vázquez López.

CIF: 33842704K.

Enderezo: Praza Maior, 19, 3º A, 27001 Lugo.

Preceptos infrinxidos: artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, e artigo 18.1, alíneas c) e d) da Lei 23/2015, do 21 de xullo, ordenadora do sistema de inspección de traballo e seguridade social.

Preceptos sancionadores: artigo 50.2 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións.

Data da resolución: 18 de agosto de 2017.