Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 44696

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 103/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 103/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Castro Dopazo, Manuel Seoane Cancela, José Manuel Gens González, Ángel del Río Barco, Manuel Río Buceta, Daniel Saborido Buceta, Maximino Ferro Miramontes, Francisco Javier Miguéns Miguéns, José Benito Morrazo Cores, contra Ames Obras, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2017.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Ames Obras, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 40.186,32 euros en concepto de principal total, desagregada da seguinte forma: (4.647,11 euros en concepto de principal de Jorge Castro Dopazo: 2.616,78 euros en concepto de salarios e 2.030,33 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior; 3.902,91 euros en concepto de principal de Manuel Seoane Cancela: 2.197,72 euros en concepto de salarios e 1.705,19 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 respecto da cantidade anterior; 4.647,11 euros en concepto de principal de José Manuel Gens González: 2.616,78 euros en concepto de salarios e 2.030,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior; 3.902,96 euros en concepto de principal de Ángel del Río Barco: 2.197,75 euros en concepto de salarios e 1.705,21 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior; 8.524,27 euros en concepto de principal de Manuel Río Buceta: 4.800 euros en concepto de salarios e 3.724,27 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior; 4.185,15 euros en concepto de principal de Daniel Saborido Buceta: 2.356,65 euros en concepto de salarios e 1.828,5 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET respecto da cantidade anterior; 2.368,95 euros en concepto de principal de Máximo Ferro Miramontes: 1.333,95 euros en concepto de salarios e 1.035 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior; 4.104,95 euros en concepto de principal de Francisco Javier Miguéns Miguéns: 2.311,49 euros en concepto de salarios e 1.793,46 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior; 3.902,91 euros en concepto de principal de José Benito Morrazo Cores: 2.197,72 euros en concepto de salarios e 1.705,19 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 4.018,63 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, inscribila no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ames Obras, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza