Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 44693

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 341/2015).

Eu, María de los Ángeles López Carballo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento co número PO 341/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lourdes Santamaría Sánchez, María del Mar Veiga Domínguez e María Eugenia Fernández Fortes, contra Servicio Galego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L., Asistencia Integral en Prevención, S.A., Grupo No Ecor Asesoría, S.L., PFA Quality Rebiss, S.L., Ade Asesores de Empresa, S.L., Gesprein Consulting, S.L., Herfran Asesores, S.L., Sprill Norte, S.L. e PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., sobre reclamación de cantidade por incumprimento contractual, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Estimo integramente a demanda presentada por Lourdes Santamaría Sánchez e María del Mar Veiga Domínguez, representadas pola letrada Sra. Souto Neira, e por María Eugenia Fernández Fortes, asistida pola letrada Sra. Souto Neira, contra Servicio Galego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), Asistencia Integral en Prevención, S.A., Grupo No Ecor Asesoría, S.L., PFA Quality Rebiss, S.L., Ade Asesores de Empresa, S.L., Gesprein Consulting, S.L., Herfran Asesores, S.L., Sprill Norte, S.L. e PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., ningunha das cales compareceu a pesar de constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno solidariamente as mencionadas demandadas a aboaren a cada unha das demandantes a cantidade de 3.707,92 euros, cantidade que para cada unha das demandantes producirá o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberase anunciar ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberase xuntar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0341-15, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa dun deles, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0341-15, a cantidade obxecto da condena; a consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberase dirixir á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario o Xulgado Social número 1 de Lugo e como concepto o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Líbrese testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na instancia».

E para que sirva de notificación en forma a Servicio Galego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L., Asistencia Integral en Prevención, S.A., Grupo No Ecor Asesoría, S.L., PFA Quality Rebiss, S.L., Ade Asesores de Empresa, S.L., Gesprein Consulting, S.L., Herfran Asesores, S.L. e PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 12 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza