Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 44692

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (983/2016).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 983/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ovidio Veiga Rodríguez contra Construcciones Vieiro 13, S.L. e Fogasa sobre reclamación de cantidade P. ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Ovidio Veiga Rodríguez contra a entidade Construcciones Vieiro, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Construcciones Vieiro, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.631,54 € brutos por salarios devindicados durante a relación laboral, a compensación económica polas vacacións non desfrutadas devindicadas e a falta de aviso previo, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 195,68 € por indemnización por fin de contrato.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Vieiro 13, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza