Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 44685

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO de notificación de sentenza (538/2012).

ORD Procedemento ordinario 538/2012

Procedemento orixe: 538/2012

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Juan José Coello Buceta

Procuradora: María Jesús Soutullo Crespo

Avogada: Begoña Parada González

Demandados: Estudios Inmobiliarios Galicia, S.L., Diego Señoráns Vidal

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado mixto número 1 dos de Vilagarcía de Arousa, fago saber que neste órgano xudicial se tramita procedemento ordinario 538/2012, seguido por instancia de Juan José Coello Buceta, con DNI 35448978K con domicilio na avenida de Galicia nº 100, Cambados, representado pola procuradora María Jesús Soutullo Crespo, contra Estudios Inmobiliarios Galicia, S.L., con CIF B36476703, e contra Diego Señoráns Vidal, con DNI nº 35461758J, ambos con domicilio descoñecido, sobre reclamación de cantidade, nos cales, por Resolución do 30 de xuño de 2014, se acordou notificar a Sentenza do 30 de xuño de 2014, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Estimando a demanda interposta pola procuradora María Jesús Soutullo Crespo, en nome e representación de Juan José Coello Buceta, contra Diego Señoráns Vidal e Estudios Inmobiliarios Galicia, S.L., debo condenar e condeno os demandados a aboaren, conxunta e solidariamente, á demandante a cantidade de cento vinte e nove mil cento oitenta e un euros con trinta e dous céntimos (129.181,32 €), máis os xuros de demora pactados. Todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Esta sentenza non é firme e contra ela pódese interpor recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial, neste mesmo xulgado, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación, por escrito, con sinatura de letrado, na forma prevista nos artigos 457 e seguintes da nova LAC».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Diego Señoráns Vidal (35461758J) e Estudios Inmobiliarios Galicia, S.L. (B36476703), expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 12 de abril de 2016

O letrado da Administración de xustiza