Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 1267/2014 por instancia de Walter Gustavo Balato contra a empresa María Isabel Pérez Castiñeira e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 5 de setembro de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Resolvo:
Estímase a demanda formulada por Walter Gustavo Balato contra a empresa María Isabel Pérez Castiñeira, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:
Condénase a empresa María Isabel Pérez Castiñeira a lle aboar a Walter Gustavo Balato a cantidade de catro mil douscentos trinta euros con noventa e nove céntimos de euro (4.230,99 euros); a cantidade salarial devindicará os xuros moratorios do 10 %.
Notifíqueselles esta resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa María Isabel Pérez Castiñeira, expido e asino este edicto.
A Coruña, 11 de setembro de 2017
A secretaria xudicial