Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 44744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación de citación no procedemento BS210A (expediente PO-0000042907).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo, ou ao seu representante, o acto administrativo ditado no procedemento que se indica.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada ou o seu representante debidamente acreditado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do órgano de valoración da Dependencia de Pontevedra, sitas na avenida de Vigo, núm. 16 bajo, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse á cita, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar a tramitación, se producirá a caducidade do procedemento, agás causa xustificada e se acordará o arquivamento de actuacións, logo de resolución ditada nos termos do artigo 42 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, o cal lle será notificado a interesada.

Vigo, 4 de setembro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Apelidos e nome (DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do acto

PO-0000042907

Hermida Muñiz, Adelaida (35131073E)

Citación BS210A

2.3.2017