Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 44746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 6 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación de citación no procedemento BS210A (expediente PO-0000058384 e un máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou ao seu representante, os actos administrativos ditados nos expedientes.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas ou o seu representante debidamente acreditado poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do órgano de valoración da Dependencia de Pontevedra, sitas na avenida de Vigo, núm. 16 baixo, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse á cita, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito á prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar a tramitación, se producirá a caducidade do procedemento, agás causa xustificada, e se acordará o arquivamento de actuacións, logo de resolución ditada nos termos do artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, o cal lles será notificado aos interesados.

Vigo, 6 de setembro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Apelidos e nome (DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PO-0000058384

Varela Crespo, María del Carmen (36012254G)

Citación BS210A

22.6.2017

PO-0000059275

Ventoso Padín, Áurea (35429595G)

Citación BS210A

14.7.2017