Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 44670

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 18 de setembro de 2017 pola que se substitúen varios membros do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

A Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e se regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, regula no seu artigo 16 a composición e procedemento de nomeamento das persoas vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Conforme o previsto na devandita lei, a Consellería de Sanidade e as organizacións sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG) e Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (S.N. de CC.OO. de Galicia) realizaron proposta de designación e do cesamento.

En consecuencia, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia

RESOLVO:

Artigo único. Substitución de vogais

Por proposta da Consellería de Sanidade:

En calidade de suplente:

a) Disponse o cesamento de Josefina Monteagudo Romero.

b) Disponse o nomeamento de Alberto Fuentes Losada.

Por proposta da organización sindical Confederación Intersindical Galega (CIG):

En calidade de titulares:

a) Disponse o cesamento de Antolín Alcántara Álvarez.

b) Disponse o nomeamento de Francisco X. Cartelle Pérez.

En calidade de suplentes:

a) Disponse o cesamento de Paula González Grueiro e Ana Isabel Santiago López.

b) Disponse o nomeamento de Francisco García Gómez e María Fe Peteiro Cabado.

Por proposta da organización sindical Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (S.N. de CC.OO. de Galicia):

En calidade de titular:

a) Disponse o cesamento de Carlos Fernández Pérez.

b) Disponse o nomeamento de Roi Fernández Rodríguez.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria