Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0279/2016-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0279/2016-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 19 de setembro de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0279/2016-PPM

Manuel Salazar Vargas

32698017K

Resolución

Lg. As Cancelas 48 C, Serantes, Ferrol

PSC-FE-0283/2016-PPM

Eleazar Díaz Salazar

32716624K

Resolución

R/ Pontedeume, ptl. 9, 2º esq., Ferrol

PSC-FE-0288/2016-PPM

Estefanía Salazar Romero

32736028J

Resolución

R/ Mestre López Dafonte, cuart. 23, ptl. 3, 2º esq., Ferrol

PSC-FE-0308/2016-PPM

Manuel Rubén Domínguez Mosquera

32696771V

Resolución

Rúa Pardo Bazán, 15, 1º B, Burela