Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento da plataforma tecnolóxica específica asociada ao servizo 065 (expediente 2017/PA/0057).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento da plataforma tecnolóxica empregada para a prestación do servizo galego de apoio á mobilidade persoal para persoas con discapacidade e ou dependentes, coñecido como servizo de transporte adaptado 065.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 2.6.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 201.756,21 €.

5. Orzamento base de licitación: 67.252,07 € (sesenta e sete mil douscentos cincuenta e dous euros con sete céntimos), máis 14.122,93 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 81.375,00 € (oitenta e un mil trescentos setenta e cinco euros).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9.8.2017.

b) Data de formalización do contrato: 6.9.2017.

c) Contratista: Treelogic Telemática y Lógica Racional para la Empresa Europea, S.L.

d) Importe de adxudicación: 78.940,39 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia