Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 15 de setembro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se dá publicidade ao acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de San Martiño de Currás e de Sobrada, no concello de Tomiño, ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2013, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 14 de xullo de 2017, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de San Martiño de Currás e de Sobrada, no concello de Tomiño, respecto da estrema común dos seus montes.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG número 140, do 23 de xullo), na súa disposición derradeira segunda, modifica o artigo 25 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e elimina a obriga da Administración forestal de proceder ao deslindamento e sinalización dos montes veciñais. Por tanto, esta competencia corresponde ás comunidades propietarias consonte os artigos 53 e 54 da Lei de montes de Galicia.

Segundo. Con data do 12.12.2016, a CMVMC de San Martiño de Currás comunica ao Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra o acordo coa CMVMC de Sobrada na estrema entre ambas as comunidades. A documentación que consta no expediente consonte o artigo 53 da Lei 7/2012 é a seguinte: acto de conciliación no Xulgado de Paz de Tomiño, certificados de aprobación en asemblea xeral de ambas as comunidades e cartografía dixital.

Terceiro. Con data do 11.4.2017, o xefe da Sección de Topografía informa, entre outras cuestións, do seguinte: «Segundo os datos das dúas clasificacións que ten asignadas esta comunidade, fan un total de 38,80 ha. Na primeira clasificación, unha parcela de 28 ha e outra de 10 ha. Na segunda clasificación, una parcela de 0,80 ha. Esta solicitude ten unha cabida de 37,57 ha repartidas en dúas parcelas, unha de 36,57 ha y outra de 1,00 ha. O solicitante non achega o informe de validación catastral. Xúntase neste informe unha montaxe da solicitude sobre o catastro. Non existe coincidencia co catastro actual; están afectadas 27 parcelas catastrais. Presentan o informe de validación catastral; non existen afeccións sobre montes de utilidade pública nin patrimoniais e tampouco sobre a Rede Natura. Acompañan este informe as montaxes solicitadas».

Con data do 22.5.2017 o Servizo de Montes require a CMVMC de Currás para que achegue informe de validación gráfica alternativa da Dirección Xeral de Catastro. A comunidade achega a documentación solicitada o 5.6.2017.

Cuarto. A liña poligonal que determina o deslindamento de mutuo acordo entre os montes veciñais en man común de Currás e de Sobrada, cunha lonxitude de 1.061,56 m, está formada polos seguintes puntos:

Puntos

UTM ETRS89-H29
Coordenada X

UTM ETRS89-H29
Coordenada Y

1

526.707,63

4.651.396,36

2

526.673,78

4.651.409,54

3

526.548,68

4.651.438,95

4

526.471,60

4.651.465,54

5

526.447,23

4.651.463,92

6

526.300,87

4.651.434,40

7

525.872,64

4.651.345,81

8

525.672,08

4.651.307,64

As referencias catastrais obxecto de modificación polo deslindamento son:

Titular catastral CMVMC de Currás

36054A038002610000EW

Titular catastral CMVMC de Sobrada

36054A038002730000EF

36054A038002740000EM

36054A038002750000EO

Consideracións xurídicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, regula nos artigos 52 e 54 o procedemento de deslindamento de montes veciñais en man común e establece, entre outras, a obriga de publicar a resolución do Xurado no Diario Oficial de Galicia.

Segunda. Da documentación achegada polas comunidades e do informe técnico do Servizo de Montes desta xefatura territorial conclúese que a avinza entre as CMVMC de Currás e de Sobrada é congruente coas respectivas resolucións de clasificación e coas estremas nelas descritas.

Revisada a liña de deslindamento presentada, a documentación achegada e o informe técnico do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra, este xurado, en atención ao disposto nos artigos 53, 54 e na disposición transitoria décimo cuarta da Lei 7/2013, de montes de Galicia, por unanimidade,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar o deslindamento parcial realizado entre as CMVMC de Currás e de Sobrada, no Concello de Tomiño, respecto do seu linde común, nos termos indicados no antecedente de feito cuarto, e segundo os planos topográficos achegados e validados mediante informe técnico do Servizo de Montes.

Segundo. Notificar este acordo ás comunidades propietarias afectadas e publicalo no Diario Oficial de Galicia para dar cumprimento ao disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 15 de setembro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Pontevedra