Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2017 Páx. 44229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (421/2017).

Procedemento ordinario 421/2017

Procedemento orixe: monitorio 616/2014

Demandante: Jesús López Filloy

Avogada: Paula Quintela Pais

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Copas, Sociedad Cooperativa Gallega

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 421/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús López Filloy contra Copas, Sociedad Cooperativa Gallega e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Únase o escrito presentado pola letrada Paula Quintela Pais en nome e representación de Jesús López Filloy do 19.6.2017.

– Citar as partes para que comparezan o día 18.10.2017, ás 11.45 horas, na Secretaría deste xulgado, para a celebración do acto de conciliación ante a letrado da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 18.10.2017, ás 11.50 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio da rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer á sinalización sen alegar causa xusta que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda; advertindo igualmente a parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

Ademais, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a súa señoría da sinalización efectuada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Copas, Sociedad Cooperativa Gallega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza