Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2017 Páx. 44233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se concede a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e se declara de utilidade pública, en concreto, o parque eólico Boutareira, no concello de Ortigueira (A Coruña), promovido pola sociedade Norvento Eólica, S.L.U. (expediente IN661A 2011/2).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Norvento, S.L. (en diante o promotor) en relación coa autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Boutareira (en diante o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG nº 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Boutareira, cunha potencia de 18 MW e promovido por Norvento, S.L.

Segundo. O 3.2.2011 o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Terceiro. Por Resolución do 12 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, someteuse a información pública para autorización administrativa a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental referidos ao proxecto do parque eólico Boutareira no concello de Ortigueira na provincia da Coruña.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 25 de abril de 2012, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 4 de abril e no xornal El Correo Gallego do 4 de abril. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial da Coruña e no concello afectado de Ortigueira.

Durante o período de información pública presentáronse alegacións sobre as cales a Xefatura Territorial informou, tal e como se recolle no antecedente de feito décimo.

A seguir resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública:

– Presentáronse alegacións na relación de bens e dereitos afectados respecto a existencia de erros en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, cos enderezos só para efectos de notificacións, co tipo de aproveitamento, coa comprobación das superficies afectadas e das disposicións das afeccións sobre os predios, etc.

– Respecto da proximidade das instalacións do parque eólico a parcelas con explotacións gandeiras, cos conseguintes prexuízos para estas en canto a ruído, molestias para os animais e limitacións no uso e xestión das explotacións.

– Alegación en que declara a falta de negociación para chegar a un acordo cos propietarios incluídos na relación de bens e dereitos afectados.

– Solicitudes de denegación e oposición á declaración de utilidade pública, por considerar que non se atopa debidamente xustificada, ao considerar que debería ser con carácter posterior á autorización administrativa do proxecto sectorial.

– Alegacións ao procedemento polo que se aproba o proxecto sectorial do parque eólico, en concreto:

• Que as superficies afectadas deberán corresponderse coas que deriven do proxecto sectorial e deben considerarse como afección en pleno dominio todas as superficies vinculadas ao parque eólico.

• Que deberán ser tidas en conta as limitacións derivadas da recualificación automática do solo motivada pola instalación proxectada.

– Varias alegacións manifestan que desde as vivendas e parcelas se observa a localización proxectada dos aeroxeradores, que producen impacto visual, sonoro e ambiental que afecta o conxunto onde se sitúan, e que as parcelas se verán depreciadas pola presenza do parque eólico.

– Solicítase a necesidade de retrotraer o procedemento, co obxectivo de que o proxecto de execución e o proxecto sectorial do parque eólico sexan visados polo colexio correspondente.

Cuarto. O 3.1.2012 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña informou sobre a ausencia de dereitos mineiros dentro da área de afección do parque eólico.

Quinto. O 29.3.2012 o Concello de Ortigueira informa da súa conformidade co proxecto do parque eólico; con data 20.4.2012, o promotor manifesta a súa conformidade.

Sexto. O 13.4.2012 Retegal, S.A. emitiu condicionado en que emite informe favorable ao proxecto e establece a necesidade do compromiso do promotor para realizar campañas de medición de cobertura e corrección de defectos futuros. Isto trasladouse ao promotor, que achegou a súa resposta con data do 25.5.2012.

Sétimo. O 13.4.2012, Retevisión I, S.A. emitiu, en relación coas instalacións do parque eólico, o correspondente condicionado técnico, onde comunica que non desexa manter ningunha oposición ao proxecto e solicita que se lle comunique calquera modificación para avaliar as posibles afeccións. O 25.5.2012 o promotor presentou un escrito en que manifesta a súa conformidade.

Oitavo. O 3.5.2012 Augas de Galicia emite informe desfavorable ao proxecto, por requirir maior definición na documentación trasladada para o efecto.

Con data do 4.6.2012 o promotor manifesta a súa disposición para elaborar e entregar a documentación adicional solicitada, que presenta con data do 5.7.2013 e que se traslada a Augas de Galicia o 6.8.2013. De conformidade co artigo 37.5 da Lei 8/2009, finalizado o prazo concedido para a emisión do condicionado, este enténdese favorable.

Noveno. O 22.8.2013 a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico e estableceu o correspondente condicionado.

Décimo. O 13.9.2013, a Xefatura Territorial da Coruña, en vista da documentación presentada polo promotor, informou de que esta cumpre cos requisitos regulamentarios e que se pode continuar cos trámites previstos na Lei 8/2009 para a autorización administrativa. No mesmo informe a Xefatura Territorial documenta as alegacións presentadas durante a información pública.

Décimo primeiro. O 24.1.2014 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou as modificacións do proxecto do parque eólico, consistentes na modificación da posición de cinco dos seis aeroxeradores, que se xustifica polo informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no cal se considera necesario eliminar os impactos xerados polas infraestruturas eólicas sobre os xacementos detectados na localización do parque eólico.

Décimo segundo. O 24.2.2014 o promotor presenta unha addenda ambiental coas modificacións autorizadas.

Décimo terceiro. O 7.4.2015 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 27 de abril de 2015 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 89, do 11 de maio de 2016).

Décimo cuarto. O 10.7.2015 o promotor presenta addenda do proxecto de execución.

Décimo quinto. O 21.04.2017 tómase razón da solicitude presentada por María Fernández Castro en nome da sociedade promotora sobre a subrogación á súa sociedade filial unipersoal Norvento Eólica, S.L.U. de todos os dereitos, obrigas e activos relacionados co parque eólico Boutareira, solicitude presentada o 14.7.2016, e completada o 16.11.2016 e o 17.4.2017.

Décimo sexto. O 22.5.2017, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe en relación co proxecto sectorial do parque eólico, de acordo co establecido no artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Décimo sétimo. O 24.5.2017, o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética emitiu informe en relación co documento de Addenda proxecto de execución do parque eólico Boutareira. Xuño 2015.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, aplicable ao presente procedemento en virtude do previsto na disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 38.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. Con respecto ás alegacións presentadas durante o período de información pública, visto o contido destas e a resposta do promotor, exponse o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

2. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 7.4.2015, que se fixo pública por Resolución do 27 de abril de 2015 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 89, do 11 de maio de 2016).

3. En relación coa reclamación sobre os posibles prexuízos xerados sobre actividades gandeiras, debemos sinalar que non están previstas afeccións aos usos actuais alén do das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución.

4. No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, o 10.5.2012 o promotor informou de que manterá conversacións cos titulares co obxectivo de achegar a un acordo. Así mesmo, no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor eólico e os afectados, durante o procedemento expropiador fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

5. En relación co momento de solicitar a declaración de utilidade pública, debemos indicar que a Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, establece no seu artigo 36.1 que o promotor poderá solicitar a declaración de utilidade pública presentando a relación de bens e dereitos afectados completa, no momento de solicitar a autorización administrativa previa.

6. No que respecta ás alegacións de carácter sectorial, estas serán tidas en conta no informe a que fai referencia o artigo 13.3 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plan e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal en relación co proxecto sectorial do parque eólico.

7. Con respecto ás alegacións relativas á necesidade de visado, débese indicar que tanto o artigo 36.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, como o artigo 12 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, tan só recolle a necesidade de que o proxecto de execución e o proxecto sectorial sexan subscritos por un técnico competente.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Boutareira, no concello de Ortigueira (A Coruña), promovido pola sociedade Norvento Eólica, S.L.U., cunha potencia de 18 MW.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Boutareira, composto polos documentos Proxecto de execución do parque eólico Boutareira (18 MW). Xaneiro 2011 e Addenda proxecto de execución parque eólico Boutareira. Xuño 2015, asinados polo enxeñeiro industrial Pablo Fernández Castro, colexiado nº 985/201 do ICAI.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Norvento Eólica, S.L.U.

Domicilio social: r/ Ramón María Aller Ulloa, polígono industrial das Gándaras, 23, 27003 Lugo.

Denominación: parque eólico Boutareira.

Potencia instalada: 18 MW.

Produción neta anual estimada: 60.568 MWh/ano.

Concellos afectados: Ortigueira (A Coruña).

Orzamento de execución material (sen IVE): 15.880.578,29 euros.

– Coordenadas dos vértices da poligonal do parque eólico:

Vértice poligonal

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

595.854,00

4.825.064,00

595.728,85

4.824.850,58

2

595.822,66

4.824.562,56

595.697,51

4.824.349,13

3

595.640,00

4.824.730,00

595.514,85

4.824.516,58

4

595.140,00

4.824.730,00

595.014,84

4.824.516,58

5

594.750,00

4.825.000,00

594.624,84

4.824.786,59

6

594.280,00

4.825.025,00

594.154,83

4.824.811,59

7

593.630,00

4.824.720,00

593.504,82

4.824.506,59

8

593.630,00

4.824.100,00

593.504,82

4.823.886,58

9

592.800,00

4.824.100,00

592.674,80

4.823.886,59

10

592.836,58

4.825.039,63

592.711,39

4.824.826,23

11

594.000,00

4.826.300,00

593.874,83

4.826.086,61

12

595.854,00

4.825.064,00

595.728,85

4.824.850,58

– Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

593.297,00

4.824.338,00

593.171,81

4.824.124,59

2

593.055,00

4.824.479,00

592.929,81

4.824.265,59

3

593.996,00

4.825.864,00

593.870,83

4.825.650,61

4

594.249,00

4.825.277,00

594.123,83

4.825.063,60

5

594.091,00

4.825.598,00

593.965,83

4.825.384,60

6

594.528,00

4.825.245,00

594.402,83

4.825.031,59

– A posición das torres meteorolóxicas en coordenadas UTM é a seguinte:

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

594.596,00

4.825.482,00

594.470,84

4.825.268,60

2

592.840,00

4.824.750,00

592.714,81

4.824.536,60

– A posición da subestación e do edificio de control en coordenadas UTM é a seguinte:

Subestación e edificio de control

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

593.600,00

4.824.765,00

593.494,12

4.824.555,11

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 6 aeroxeradores Vestas V-112 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria de ata 119 m de fuste e 112 m de diámetro de rotor.

– 6 centros de transformación de 3.450 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,65/20 kV, Dyn5, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador coa súa correspondente aparellaxe de manobra e protección.

– 2 torres meteorolóxicas autoportantes de 119 m de altura, equipadas con anemómetros, cataventos, medidores de temperatura e de presión e logger rexistrador.

– Liñas eléctricas soterradas de 20 kV de tensión nominal en canalización entubada, normalmente baixo vía ou ben en terreo libre, para a evacuación de enerxía xerada e interconectando os centros de transformación 0,65/20 kV e a subestación transformadora 20/132 kV.

– Subestación transformadora híbrida de intemperie, equipada con transformador de 13,5/18 MVA (ONAN/ONAF) e relación de transformación 20/132 kV, celas de media tensión 20 kV, transformador de servizos auxiliares de 100 kVA e relación 20/0,42 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando e control.

– Obra civil consistente en camiños de acceso a aeroxeradores, torres meteorolóxicas, subestación, edificio de control, cimentacións e plataformas de aeroxeradores.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico, segundo o previsto nos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Para garantir o cumprimento das súas obrigas, Norvento Eólica, S.L.U. constituirá, de acordo co establecido no artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, unha fianza polo importe de 317.611,57 euros, correspondente ao 2 % do orzamento de execución material das instalacións do proxecto que por esta resolución se aproba.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre o réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no antedito artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

2. Consonte o disposto nos artigos 40.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Norvento Eólica, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en 140.527 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

3. Para a inscrición da instalación no rexistro autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria do 23 de xaneiro de 2009 pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 37, do 23 de febreiro).

5. As instalacións autorizadas realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución e na addenda que por esta resolución se aproba.

6. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal da TDT directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Norvento Eólica, S.L.U. deberá adoptar as medidas necesarias para devolver á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

7. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de oito meses contados a partir da data de ocupación dos terreos.

8. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 7.4.2015 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9. O parque eólico deberá cumprir os requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital que lle resulten de aplicación.

10. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condiciones impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

11. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

12. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, de acordo co establecido nos artigos 38 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 128 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito terceiro:

Luis Molina Rodríguez, o 10.4.2012; María Carmen Sachocos Pita, o 16.4.2012; Luís Molina Fontán, o 2.5.2012 e o 27.11.2015; Avelino Narciso Filgueiras Lago, o 2.5.2012; Gervasio Piñón Durán, o 2.5.2012; María Olga Ramil Durán, o 2.5.2012; Manuel Cazas Mesia, o 2.5.2012; Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, o 5.6.2012.