Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2017 Páx. 44201

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no segundo cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no segundo cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no segundo cuadrimestre do ano 2017

Convenio

Importe achegado pola AXI (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oleiros para a execución da rotonda de enlace da estrada AC-173 coa estrada DP-5812.

591.092,33

27.7.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Baralla para a mellora da rúa Ánxel Fole.

749.637,11

9.5.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Taboada para a pavimentación con mestura asfáltica en quente da avenida de Lugo.

100.000,00

29.6.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Mos para o acondicionamento do nó de Sanguiñeda entre a N-120 e a N-550.

1.038.581,44

9.6.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Redondela para a mellora da travesía da PO-323, pp.qq. 0+840 ao 1+840.

1.781.974,26

12.5.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sanxenxo para garantir a seguridade viaria en viais de titularidade municipal mediante a renovación da sinalización horizontal.

53.207,07

20.7.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e Portos de Galicia e o Concello de Baiona para a execución e mantemento de actuacións encamiñadas ao fomento da mobilidade sustentable na estrada PO-552 e ao incremento da seguridade viaria na zona do paseo marítimo de Baiona (p.q. 16+400 a 16+650), pola construción dun itinerario peonil e ciclista.

142.387,86

12.5.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño para a mellora da conexión entre a EP-3102 Tomiño-Sabarís e a PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano de Seixo.

933.219,98

4.8.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Universidade da Coruña para levar a cabo un programa de colaboración educativa.

Sen achega económica

1.6.2017

Acordo de cooperación interadministrativo entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería de Medio Rural e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, para levar a cabo a execución da fase II do Bosque de Galicia na Cidade da Cultura de Galicia.

92.288,52

13.7.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Entidade Medios Dixitais de Galicia, S.A.U., para a elaboración e difusión de actuacións relacionadas coa seguridade viaria.

44.000,00

12.5.2017