A representante da titularidade do Centro Privado (CPR) López y Vicuña, da Coruña solicita a modificación da autorización para a supresión do ciclo formativo de grao medio (CM) Xestión Administrativa e do CM Actividades Comerciais.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Suprimir o CM Xestión Administrativa e o CM Actividades Comerciais. O centro queda configurado como se sinala:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: López y Vicuña.
Código: 15005488.
Enderezo: rúa Santiago, 1 bis.
Localidade: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Código postal: 15001.
Provincia: A Coruña.
Titular: Religiosas de María Inmaculada.
Composición resultante: 1 ciclo formativo de grao superior (CS) Educación Infantil (2 unidades para 30 alumnos/as unidade).
Artigo 2. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 3. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria