O Acordo da zona de Beán-Pereira II (Ordes-A Coruña) foi aprobado pola dirección xeral competente en materia de concentración parcelaria, con data 21 de decembro de 2010, e foi notificado e publicado na forma legalmente prevista.
Con posterioridade a estes actos, o Concello de Ordes solicitou a cesión da titularidade dos predios números 273 e 501 para establecer puntos de captación de auga e número 327 para cemiterio no contorno da igrexa de Pereira.
Vista a proposta da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.
Dado o destino para o cal se solicitan os referidos predios, e respecto de que é perfectamente subsumible no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral
RESOLVE:
1. Modificar o Acordo de concentración parcelaria da zona de Beán-Pereira II (Ordes-A Coruña) e adxudicar ao Concello de Ordes a titularidade dos predios números 273, 327 e 501, que causan baixa no fondo de terras da zona para ser destinados aos fins que se determinan na parte expositiva.
Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o fondo de terras da zona, o patrimonio da Comunidade Autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.
2. Ordenar que a esta resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Ordes.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
A Coruña, 12 de setembro de 2017
Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña