Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43924

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (634/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Manuel García Sobrido contra Servimar Innova, S.L. e Severino Gómez Ordóñez, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 634/2015, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Servimar Innova, S.L. e a Severino Gómez Ordóñez, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 13.11.2017, ás 11.15 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Requírese para que achegue ao acto do xuízo os documentos indicados pola parte demandante no outrosí digo segundo do escrito de demanda, cuxa copia se encontra á súa disposición na oficina xudicial. Advírteselle que se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, poderán considerarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 LRXS).

Despois de solicitar a parte demandante o seu interrogatorio, indícaselles que deberán comparecer persoalmente e que, se non comparecen, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que tivese intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 LRXS). No caso das persoas xurídicas fánselle as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LRXS.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Servimar Innova, S.L. e a Severino Gómez Ordóñez, expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza