Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43926

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (146/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 146/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sara Penedo Albán contra José Ángel González Álvarez e Fogasa, se ditou la seguinte resolución:

«Acordo aclarar o Decreto do 3 de agosto de 2017, cuxa parte dispositiva queda redactada nos seguintes termos:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

Requirir o executado, José Ángel González Álvarez, co fin de que no prazo de dez (10) días aboe a cantidade de 8.178,80 euros (994,52 euros de indemnización máis 7.184,28 euros de salarios de tramitación), máis outros 817,88 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e ingrese o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0146 17), con apercibimento de que, no caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de investigación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

A resolución permanecerá incólume en todo o demais.

Contra este decreto non cabe interpor ningún recurso distinto ao que, de ser o caso, se poida interpor contra a resolución modificada».

Para que sirva de notificación en legal forma a José Ángel González Álvarez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza