Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 1 de setembro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante escritura de apartación, das concesións administrativas e das bateas Mari Carmen, Rosa e Sinal.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Mari Carmen, Rosa e Sinal e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escritos do 19.6.2017, Manuel Castro Bea e Matilde Domínguez Aguiño solicitaron autorización para a transmisión mortis causa, mediante escritura de apartación, das concesións administrativas e das bateas Mari Carmen, Rosa e Sinal.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección de Recursos sobre as características das bateas é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Resolución do 5 de xuño de 2017 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nas persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería do Mar.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante escritura de apartación, a favor de César Augusto Castro Domínguez (76863026Q) e Rubén Castro Domínguez (76871203M), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Mari Carmen.

Situación:

Cuadrícula nº: 229.

Polígono: E.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 5.5.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rosa.

Situación:

Cuadrícula nº: 215.

Polígono: E.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 11.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Sinal.

Situación:

Cuadrícula nº: 176.

Polígono: E.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 25.11.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Manuel Castro Bea (76854129C) e Matilde Domínguez Aguiño (76835115G).

Novos titulares: César Augusto Castro Domínguez (76863026Q) e Rubén Castro Domínguez (76871203M).

Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da formalización da apartación en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 1 de setembro de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo