Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2017 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada, dos servizos técnicos para a colocación de marcos dos novos predios resultantes en 12 zonas de reestruturación parcelaria (expediente 47/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos técnicos para a colocación de marcos dos novos predios resultantes en doce zonas de reestruturación parcelaria.

c) División por lotes e número: si, doce.

Lote 1. Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña), ST-5192.

Lote 2. Grixalba (Sobrado-A Coruña), ST-5191.

Lote 3. Castelaus (Calvos de Randín-Ourense), ST-5171.

Lote 4. O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense), ST-5177.

Lote 5. Quins (Melón-Ourense), ST-5170.

Lote 6. San Pedro das Maus (Vilar de Barrio-Ourense), ST-4974.

Lote 7. Acevedo-Milmanda e outras (provincia de Ourense), ST-5184.

Lote 8. Godos (Caldas-Pontevedra), ST-5198.

Lote 9. Troáns I (Cuntis-Pontevedra), ST-5200.

Lote 10. Troáns II (Cuntis-Pontevedra), ST-5201.

Lote 11. Briallos (Portas-Pontevedra), ST-5208.

Lote 12. Tremoedo (Vilanova de Arousa-Pontevedra), ST-5199.

d) Prazo de execución: o especificado para cada lote na epígrafe C do cadro de características do PCAP.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 71300000-1.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: prezo máis baixo.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 935.586,94 €, IVE (ao 21 %): 196.473,27 €. Importe total: 1.132.060,21 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 935.586,94 €.

5. Financiamento: cofinanciado con fondos Feader nun 75 % (medida 4.3), o 17,5 % pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a través da Consellería do Medio Rural e o 7,5 % pola Administración xeral do Estado a través do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia de conformidade co disposto nas epígrafes F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % orzamento de licitación do lote correspondente, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 48 e 981 54 57 37 (consultas administrativas); 981 54 47 67 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=195640

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 de outubro de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 11.00 horas do 26 de outubro de 2017.

11. Gastos de publicidade: os custos do anuncio no DOG e no BOE serán por conta dos adxudicatarios.

12. Outras informacións: poderase licitar a varios lotes conxuntamente (a un máximo de 4, tendo en conta o establecido no cadro de características deste prego).

13. Data de envío do anuncio ao DOUE: 14 de setembro de 2017.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural