De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=134607
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 58, do 23 de marzo de 2017.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.
b) Descrición: obras de acondicionamento dos accesos ao castelo-fortaleza de Monterrei, en Monterrei (Ourense). Restauración de pavimentos históricos.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 213.789,45 €, IVE excluído.
5. Formalización do contrato.
a) Data da adxudicación: 28 de agosto de 2017.
b) Data da formalización do contrato: 11 de setembro de 2017.
c) Contratista: UTE Construcciones Mascareñas e Hijos, S.A.-Vipeca, Obras y Servicios, S.L.
d) Importe de adxudicación: 176.942,15 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2017
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria