Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43540

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 89/2017, do 14 de setembro, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia; no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei; no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do catorce de setembro de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cese F. X. Anxo Louzao Rodríguez como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación das centrais sindicais máis representativas en Galicia, proposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

Artigo 2

Nomear membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación das centrais sindicais máis representativas en Galicia, proposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG), a Xesús Antón Bermello García.

Artigo 3

O mandato do novo membro será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que exerce.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de setembro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria