Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 19 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Mercurín-Lesta II (Ordes).

O Acordo da Zona de Mercurín-Lesta II (Ordes-A Coruña) foi aprobado pola dirección xeral competente en materia de concentración parcelaria, con data do 26 de novembro de 2014, e foi notificado e publicado na forma legalmente prevista.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Ordes solicitou a cesión da titularidade do predio número 564 para a creación dun punto de captación de auga.

Vista a proposta da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Dado o destino para o cal se solicita o referido predio, e respecto de que é perfectamente subsumible no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral,

RESOLVE:

1. Modificar o Acordo de Concentración Parcelaria da Zona de Mercurín-Lesta II (Ordes-A Coruña), e adxudicar ao Concello de Ordes a titularidade do predio nº 564, que causa baixa no fondo de terras da zona, para ser destinado a punto de captación de auga.

Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades sen que os predios fosen destinadas aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o fondo de terras da zona, o patrimonio da comunidade autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

2. Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Ordes.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A Coruña, 8 de setembro de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña