Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador MON-PO-0013/2017-VNA e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Fernández Ladreda, nº 43, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 11 de setembro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: MON-PO-0013/2017-VNA.

Denunciado: Santiago Iglesias Estévez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0019/2017-CSA.

Denunciada: Borreiros Forestal, S.L.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0021/2017-CSA.

Denunciada: Explotaciones Forestales Mos, S.L.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: ICA-0061/2017-V.

Denunciada: Bodegas Arrieros, S.L.

Acto de notificación: proposta de resolución.