Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 8 de setembro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Costa a favor dos veciños da parroquia de Piñeira Seca (Santo André), no concello de Xinzo de Limia.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 24 de maio de 2017, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Costa a favor dos veciños da parroquia de Piñeira Seca (Santo André), no concello de Xinzo de Limia (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data 13 de maio de 2014 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de José Ángel Sotelo Castro, no cal solicita a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas A Costa.

Segundo. O 20 de xullo de 2016 o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Denominación do monte: A Costa.

Superficie: 20,7246 ha.

Pertenza: CMVMC de Piñeira Seca.

Parroquia: Piñeira Seca (Santo André).

Concello: Xinzo de Limia.

Parcelas catastrais que constituén o monte:

1ª Parcela-A Costa.

– Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Nº parcela

Ref. catastral

Superficie catastral (ha)

Superficie que se vai clasificar (ha)

1

32033A165001450000UJ

1,593

1,593

2

32033A165001460000UE

18,3129

18,3129

3

3109744PG1630N0001WQ

0,1309

0,1309

4

3407301PG1630N0001KQ

0,2684

0,2401

5

3109701PG1630N0001XQ

0,2237

0,1484

6

3109710PG1630N0001UQ

0,2745

0,2745

Total

20,8034

20,6998

– Estremas:

a) Perímetro exterior:

Norte (propietarios enumerados de oeste a leste segundo os datos da solicitude):

Concello

Polígono

Parcela

Titular

33

165

202

Francisco Villamarín Rodríguez

203

Veciños de Nocelo

206

Veciños de San Mamede

207

Aser Castro López

405

Domingo Díaz Feijoo

9003

Pista forestal

401

Brigida Sotelo Arcos

393

Emilio Pazos Bolaño

392

Manuel Rúa Sotelo

391

José Luis Castro Rúa

389

Francisco Javier Feijoo Rúa

384

Balbina López Caballero

382

Manuel Ángel Bouzas Conde

383

Ángel Grande Lama

349

Manuel González Pérez

347

José Antonio Rodríguez Díaz

346

Manuela Alonso Garrido

345

Miguel Laza

344

En investigación

Leste (propietarios enumerados de norte a sur segundo os datos da solicitude):

Concello

Polígono

Parcela

Titular

79

88

146

Gregorio Conde Garrido

147

Gregorio Conde Garrido

145

Ceferino Villar González

144

Sindo Carnero Brandín

143

Hros. Gil Gfrancisco

209

Elisa Nieto Velo

52

Elisa Nieto Velo

208

Elisa Nieto Velo

53

Jesús Rodríguez Lamas

54

Agustina Gil Salgado

Sur (propietarios enumerados de leste a oeste segundo os datos da solicitude):

Concello

Polígono

Parcela

Titular

33

165

148

Joaquín Sousa Bouzas

Referencia catastral

Titular

3407302PG1630N0001RQ

Joaquín Sousa Bouzas

3407303PG1630N0001DQ

Celia Salgado Pérez

3407301PG1630N0001KQ

Resto da parcela que se vai clasificar

Sen referencia

Rúa do pobo

3109711PG1630N0001HQ

María Luz López Parada

3109709PG1630N0001WQ

Celso Grande

3109708PG1630N0001HQ

Genaro Bolaño Casas

3109707PG1630N0001UQ

Benito Bolaño Rúa

3109743PG1630N0001HQ

Balbina López Caballero

3109706PG1630N0001ZQ

En investigación

3109719PG1630N0001LQ

Catalina Feijoó Rúa

Oeste (propietarios enumerados de sur a norte segundo os datos da solicitude):

Referencia catastral

Titular

Sen referencia

Rúa do pobo

3109720PG1630N0001QQ

-

3109721PG1630N0001PQ

Agustín Durán Pérez

3109722PG1630N0001LQ

Josefina Durán Pérez

3109705PG1630N0001SQ

Manuel Ángel Díaz Gómez

Concello

Polígono

Parcela

Titular

33

165

181

Antonio González Mangana

182

Julio Pérez Bolaño

183

José Antonio Pérez Vega

188

Benita Salgado Cotilla

186

María Sol Gil Feijoó

3109702PG1630N0001IQ

María Sol Gil Feijoó

3109701PG1630N0001XQ

Resto da parcela que se vai clasificar

3109741PG1630N0001ZQ

Miguel Rodríguez Rodríguez

Sen referencia

Rúa do pobo

33

165

9001

Camiño

a) Perímetro interior (encravados):

Concello

Polígono

Parcela

Titular

33

165

189

Jesusa Rodríguez Feijoó

2ª Parcela-Trasenxido.

– Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Nº parcela

Ref. catastral

Superficie catastral (ha)

Superficie que se vai clasificar (ha)

1

3307602PG1630N0001QQ

0,0248

0,0248

– Estremas:

Referencia catastral

Titular

Norte

Sen referencia

Rúa do pobo

Leste

3307603PG1630N0001PQ

Néstor Parada Pazos

Sur

3307601PG1630N0001GQ

José Luis Castro Rúa

3307614PG1630N0001DQ

José Luis Castro Rúa

Oeste

Sen referencia

Rúa do pobo

Os terreos non forman parte de ningún monte veciñal en man común, dos clasificados como tales ata a data, e non están afectados por convenios ou consorcios para a xestión forestal por parte da Administración. Non afecta terreos catalogados como montes de utilidade pública ou como montes protectores.

As parcelas nº 3, 4, 5 e 6 do predio denominado A Costa e o predio denominado Trasenxido están situadas dentro núcleo rural ou estemeiras con este, rodeadas de estradas e edificacións.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado A Costa a favor dos veciños da parroquia de Piñeira Seca (Santo André), no concello de Xinzo de Limia (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

Ourense, 8 de setembro de 2017

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense