Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 8 de setembro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Serra de Penaloba a favor dos veciños de Cerdeira, Cuquexos, Pexeirós e A Rabea, na parroquia de Guntín, no concello dos Blancos.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, de 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 24 de maio de 2017, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Serra de Penaloba a favor dos veciños Cerdeira, Cuquexos, Pexeirós e A Rabea, na parroquia de Guntín, no concello dos Blancos (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 21 de decembro de 2015 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de José Luis Feijoo Blanco, no cal solicita a clasificación como veciñal en man de varias parcelas denominadas Serra de Penaloba.

Segundo. Con data do 13 de decembro de 2016 o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Denominación do monte: Ampliación de Serra de Penaloba.

Superficie: 18,42 ha.

Pertenza: veciños de Cerdeira, Cuquexos, Pexeirós e A Rabea.

Parroquia: Guntín.

Concello: Os Blancos.

O monte veciñal ampliaríase en 18,42 ha, superficie total que abranguen as catro parcelas, coas características catastrais resumidas no seguinte cadro:

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Superficie catastral (ha)

Superficie que se vai clasificar (ha)

Os Blancos (13)

55

170

32013A05500170

11,15

11,15

172

32013A05500172

0,06

0,06

56

164

32013A05600164

0,78

0,78

53

157

32013A05300177

6.43

6.43

Superficie total que se vai clasificar

18,42 ha

Os estremeiros de cada unha das parcelas quedan identificados polos números de polígono e parcela facendo referencia aos puntos cardinais como segue:

A. Estremas da parcela 170 do polígono 55.

a) Perímetro exterior.

Norte: polígono 55, parcelas 134, 138, 140, 141, 139, 142, 143 e 144.

Leste: polígono 55, parcelas 145, 146, 147, 148, 149, 151, 152, 26, 33, 34, 35, 39, 41, 42, 43, 44, 42, 46, 47, 58, 57, 56, 55, 54, 52, 53.

Sur: polígono 54, parcelas 9008 (camiño de Pexeiras a Texós que a separa das parcelas: 549, 592, 591, 566, 382).

Oeste: polígono 55, parcelas 64, 63, 59, 60, 67, 116, 165, 166, 167, 168, 169, 120, 121, 122, 164, 163, 132, 131, 9001.

b) Perímetro interior (encravado).

Parcela 133 do polígono 55.

B. Estremas da parcela 172 do polígono 55.

Norte e oeste: polígono 55, parcela 9001.

Leste: polígono 55, parcelas 94, 93, 92.

Sur: polígono 54, parcela 9008.

C. Estremas da parcela 164 do polígono 56.

Norte: polígono 56, parcela 9010.

Leste: polígono 56, parcelas 149, 147, 148.

Sur: polígono 56, parcela 160.

Oeste: polígono 56, parcela 9005.

D. Estremas da parcela 157 do polígono 53.

Norte: polígono 51, parcela 9013.

Leste: polígono 53, parcelas 9008, 359, 374, 375, 376, 381, 382, 383, 384, 385.

Sur: polígono 53, parcelas 386, 342, 177.

Oeste: polígono 53, parcelas 160, 159, 158. Polígono 51, parcela 9013.

A clasificación destes terreos non afecta ningún monte veciñal en man común dos clasificados ata a data nin dos que están en trámites de clasificación. Non invade montes catalogados de utilidade pública, montes cualificados como protectores ou outras figuras de especial protección, e non están afectados por consorcios ou convenios para a xestión forestal pública.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei, “son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños”.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao xurado provincial de clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Ampliación de Serra de Penaloba a favor dos veciños Cerdeira, Cuquexos, Pexeirós e A Rabea, na parroquia de Guntín, no concello dos Blancos (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 8 de setembro de 2017

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense