Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43063

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre do ano 2017.

Para os efectos previstos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre do ano 2017 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da

sinatura

Achega de Portos de Galicia

Portos de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Baiona

Execución e mantemento de actuacións encamiñadas ao fomento da mobilidade sustentable na estrada PO-552 e ao incremento da seguridade viaria na zona de paseo marítimo de Baiona (p.q. 16+400 ao 16+650) pola construción dun itinerario peonil e ciclista

12.5.2017

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Poio

Vixilancia das instalacións portuarias no seu conxunto e a ordenación do trafico na vía de acceso no porto de Combarro

22.5.2017

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Moaña

Execución e mantemento de actuacións encamiñadas a mellora da accesibilidade e seguridade do parque do Vaticano

29.5.2017

Non ten

Portos de Galicia e o Concello do Grove

Execución e mantemento da beirarrúa en Beiramar no porto do Grove

5.6.2017

Non ten

Portos de Galicia, o Concello de Poio e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial

Celebración do XIII encontro de embarcacións tradicionais de Galicia no porto de Combarro (Poio)

26.6.2017

Non ten

Portos de Galicia e o Concello da Guarda

Regulación e ordenación da rúa peonil do porto da Guarda

6.7.2017

Non ten